jueves, 29 de noviembre de 2012

APRENDENDO DE ESPECIALISTAS

Hoxe asomados á ventá descubrimos que traballadores de  AUGAS DO PARAÑO  en OURENSE viñan a traer auga ao noso colexio e aprveitamos para facerlle algunhas preguntas. Contáronnos por exemplo que o seu manantial ven da montaña e é o de mineralización máis débil da zona. Por eso é auga moi boa para a saúde.

lunes, 26 de noviembre de 2012

O libro escollido para comenzar a facer FILOSOFÍA PARA PENSAR é PEPE Y FELISA




Conxunto de narracións cortas sobre situacións cotidianas que invitan á aprendizaxe cognitiva ao  razonamento e a expresión en grupo aplicando a metodoloxía de LIPMAN 

Onte 25 de novembro celebrouse o día internacional  contra a violencia de xénero. Con este motivo e como non podía ser menos levamos á clase os dereitos dos nenos. Nesta ocasión traballamos o DEREITO Á IGUALDADE.


TALLERES


 Experimentar é unha das mellores maneiras de aprender. Por eso fixemos na clase catro talleres nos que alumnos e alumnas tiveron oprtunidade de mollarse, mancharse, saborear,...

  •  TEÑIR AUGA
  • OBSERVAMOS A TRAVÉS DO MICROSCOPIO
  • QUE COUSAS FLOTAN?
  • DISOLVEMOS SUBSTANCIAS EN AUGA





PROXECTO AUGA

Tamén as catro clases ao mesmo tempo estamos a traballar no PROXECTO AUGA .
Punto de partida : saída ao  contorno



Para poñer un punto sentimental á auga como elemento científico axudámonos da música. Deixamos un enlace á canción PLANETA AGUA de ANA BELÉN.
Planeta agua

AGRUPAMENTOS

Cada luns facemos unha sesión de  filosofía para pensar.
 Primeira tarefa: agruparnos, mesturando en cada grupo alumnado das catro aulas.
Grupos resultantes: SALTÓNS - DEPORTIVOS - TIGRES - PITUFOS

BENVIDA

Hai xa máis de dous meses que empezamos a nosa andadura e que durará dous cursos.
A partir de hoxe empezaremos a publicar neste blog actividades que fagamos na escola e que pensamos que poidan resultar interesantes.
Esperamos contar coa vosa colaboración e que nos visitedes moito.
Mestras de 1º ciclo.