martes, 15 de enero de 2013

A BIBLIOTECA

Como actividade de animación á lectura hoxe fixemos a unha visita á BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA.
Estivemos a ler moitos libros e tamén nunha sesión de contacontos.
Foi moi entretido.
Informámosvos ademais que podedes facervos socios da mesma  gratuitamente. Só tendes que ir acompañados do voso/a  pai/nai levar unha ficha cuberta que vos facilitamos no cole e unha foto de carnet.


viernes, 11 de enero de 2013

VISITA Á EXPOSICIÓN DE PICASSO EN PONTEVEDRA



Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Ed. Primaria tiveron  a sorte de poder ir a Pontevedra a visitar a exposición de cuadros orixinais de Pablo Picaso. Ademais participamos nun taller no que nos ensinaron a crear caras imitando a técnica do famoso pintor malagueño.












lunes, 7 de enero de 2013

Feliz ano a todos/as e esperamos que disfrutarades dunhas boas vacacións porque mañá voltamos ao traballo con toda a forza.
Para empezar PABLO PICASSO

Coñecemos un pouco da súa vida