domingo, 19 de mayo de 2013

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

O día das letras galegas chegou. Como remate a todas as actividades que estivemos a levar a cabo estes días para conmemorar a data, recordar a Rosalía de Castro e coñecer un pouco máis sobre Vidal Bolaño fixemos un festival. O alumnado de 1º ciclo participou recitando "Adios ríos, adiós fontes" acompañado de YOGOTE e presentamos un video que fixemos co mesmo e que vos deixamos aquí.


martes, 7 de mayo de 2013

FACEMOS XABÓN

Moitas veces unha imaxe vale máis ca mil palabras.Por iso....
http://youtu.be/NWJU9Tdy4hM
O luns  6 de maio iniciamos a Semana Cultural das "Letras Galegas" participando no CORRELÍNGUA 2013. O lema deste ano é: " O galego a chave do mundo". Podedes ver unhas imaxes da xornada. Os nenos e as nenas gozaron coas actuacións e sobre todo co dragón que amenizou a festa.