miércoles, 27 de noviembre de 2013

Escribo o enlace a unha páxina para que vexades imaxes e información do Congreso. Esta páxina está feita polo mestre Nito de Campolongo, un mestre moi activo.http://unescolongo.blogspot.com.es

martes, 26 de noviembre de 2013

O segundo día de Congreso foi moi divertido, pero intenso e agotador. Moito frío polas rúas de Pontevedra; aínda que é verdade que aprendimos moito. Despois de xantar de novo a traballar: experimentando, palilleando, yogoteando, percutindo ou mesmamento pensado para elaborar un manifesto que reivindique a escola que queremos.


lunes, 25 de noviembre de 2013

Para comenzar o Congreso que mellor animación que os "Titiriteiros". Unha imaxe dos ensaios e a ledicia de gozar deles na inauguración.

CONGRESO DE ALUMNADO DAS ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO DE GALICIA

Dende hoxe e ata o vindeiro mércores, 20 alumnas e alumnos de 2º de Ed. Primaria do noso centro participan no Palacio de Congresos de  Pontevedra do V encontro de alumnado das escolas galegas asociadas á UNESCO.
Mentras tanto os demais no cole seguimos a traballar sen olvidar unha data tan importante como a que hoxe se conmemora ,

 25 de novembro  "Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero". 

Esperamos que algún día non sexa necesaria esta celebración cando nos decatemos que nadie é máis nin quenos que nadie.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

O restaurante do mundo

Trátase  de un xogo de resolución de conflictos que consiste en realizar unha comida un pouco inxusta.

Os obxectivos son:


Vivenciar, en pequena medida, o inxusto orde económico internacional a través do tema alimenticio.
Favorecer a capacidade de análise e estudio deste conflicto. 
ASIA
Estimular a empatía co hemisferio sur e o cuarto mundo. 
Buscar formas de actuar e comprometernos na solución.

ÁFRICA
Participa todo o alumnado de primeiro ciclo.
AMÉRICA
EUROPA