A finalidade deste blog é didáctica. As publicacións utilizaranse con rigor e adaptadas á nosa comunidade educativa.
miércoles, 27 de noviembre de 2013
martes, 26 de noviembre de 2013
O segundo día de Congreso foi moi divertido, pero intenso e agotador. Moito frío polas rúas de Pontevedra; aínda que é verdade que aprendimos moito. Despois de xantar de novo a traballar: experimentando, palilleando, yogoteando, percutindo ou mesmamento pensado para elaborar un manifesto que reivindique a escola que queremos.
lunes, 25 de noviembre de 2013
CONGRESO DE ALUMNADO DAS ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO DE GALICIA
Dende hoxe e ata o vindeiro mércores, 20 alumnas e alumnos de 2º de Ed. Primaria do noso centro participan no Palacio de Congresos de Pontevedra do V encontro de alumnado das escolas galegas asociadas á UNESCO.
Mentras tanto os demais no cole seguimos a traballar sen olvidar unha data tan importante como a que hoxe se conmemora ,
25 de novembro "Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero".
Esperamos que algún día non sexa necesaria esta celebración cando nos decatemos que nadie é máis nin quenos que nadie.
miércoles, 6 de noviembre de 2013
O restaurante do mundo
Trátase de un xogo de resolución de conflictos que consiste en realizar unha comida un pouco inxusta.
Os obxectivos son:
Os obxectivos son:
Vivenciar, en pequena medida, o inxusto orde económico internacional a través do tema alimenticio.
Favorecer a capacidade de análise e estudio deste conflicto.
ASIA |
Estimular a empatía co hemisferio sur e o cuarto mundo.
Buscar formas de actuar e comprometernos na solución.
ÁFRICA |
Participa todo o alumnado de primeiro ciclo.
AMÉRICA |
EUROPA |
martes, 29 de octubre de 2013
Facendo novos amigos
Una imaxe da chegada do alumnado do CEP MARCOS DA PORTELA. Algún neno dixo : " É a primeira vez que me fan un pasillo.
VISITA DO ALUMNADO DO CEP MARCOS DA PORTELA
Ao longo deste curso imos a facer un intercambio con nenos e nenas do CEP Marcos da Portela. Para empezar hoxe fixéronnos unha visita, obsequiáronnos cun marcapáxinas ,xuntos visitamos o parque da memoria,comemos rosca e xogamos .
Parque da memoria
Parque da memoria
miércoles, 23 de octubre de 2013
aprendizaxe cooperativo
Para traballar por proxectos é preciso establecer dinámicas de equipo que favorecen as aprendizaxes cooperativas. Unha imaxe dun traballo en equipo de 2º.A e 2º.B. Nome da dinámica: O anfitrión.
Cada neno/a aporta, participa e escoita atentamente as indicacións do anfitrión.
Estas son as metodoloxías que hai que traballar de maneira sistemática nas aulas para acadar resultados.
Cada neno/a aporta, participa e escoita atentamente as indicacións do anfitrión.
Estas son as metodoloxías que hai que traballar de maneira sistemática nas aulas para acadar resultados.
lunes, 30 de septiembre de 2013
Agrupamentos para filosolfar
Hoxe todo o alumnado de segundo ciclo reuniuse para formar equipos para as sesións de FILOSOFIA PARA PENSAR que comezarán o vindeiro luns.
Esperamos que nenos e nenas disfruten moito con esta actividade, pero sobre todo esperamos que aprendan a sacar o máximo rendemento as súas capacidades.
Esperamos que nenos e nenas disfruten moito con esta actividade, pero sobre todo esperamos que aprendan a sacar o máximo rendemento as súas capacidades.
lunes, 23 de septiembre de 2013
ANO INTERNACIONAL DA AGRICULTURA FAMILIAR
Para o curso 2013-2014 a UNESCO acordou traballar o ano internacional 2014 "Año de la agricultura familiar". Por esta e por outras razóns agricultura, alimentación e cociña estarán moi presentes ao longo deste curso na nosa práctica docente. Esperamos contar coa colaboración das familias.
Como non poía ser doutro xeito para empezar : A VENDIMA

Como non poía ser doutro xeito para empezar : A VENDIMA
jueves, 20 de junio de 2013
Chegan as vacacións.
Chegan as vacacións; aínda que o tempo non é moi ben desexamos que pasedes uns bos días.
Aqui deixámosvos uns enlaces interesantes para que apreciedes o traballo de todo o curso. Ata setembro.
http://www.youtube.com/watch?v=SAMUJVMRfxg. Video Os lavadoiros.
http://proxectoatlantico.blogspot.com.es/ Unha páxina interesante.

domingo, 19 de mayo de 2013
FESTIVAL LETRAS GALEGAS
O día das letras galegas chegou. Como remate a todas as actividades que estivemos a levar a cabo estes días para conmemorar a data, recordar a Rosalía de Castro e coñecer un pouco máis sobre Vidal Bolaño fixemos un festival. O alumnado de 1º ciclo participou recitando "Adios ríos, adiós fontes" acompañado de YOGOTE e presentamos un video que fixemos co mesmo e que vos deixamos aquí.
martes, 7 de mayo de 2013
miércoles, 24 de abril de 2013
lunes, 22 de abril de 2013
DÍA DO LIBRO
Mañá martes celebrase o día do libro, por eso durante esta semana imos a facer diversas actividades dentro dunha campaña de fomento da lectura.
- Os nenos/as traen ao cole o seu libro favorito para compartir cos seus compañeiros.
- Na hora do recreo lectura de contos na biblioteca.
- Diversas actuacións do alumnado do colexio.
NENOS E NENAS DE 5ºA DURANTE UNHA DRAMATIZACIÓN |
jueves, 18 de abril de 2013
DÍA DOS MUSEOS
Hoxe 18 de marzo celébrase o día dos monumentos. Recordamos con este video algún dos monumentos declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
miércoles, 17 de abril de 2013
AS PLANTAS
Estamos a estudiar os animais e as plantas por eso plantamos sementes de xirasol. Agora toca regar, deixar ao sol e ter un pouco de paciencia. Xa vos ensinaremos o resultado.
viernes, 8 de marzo de 2013
Día da muller traballadora
La mayor demostración de igualdad sería no celebrar nada, ya que no hay
un "día del hombre trabajador", pero también es cierto que la
desigualdad entre hombres y mujeres sigue existiendo.
O longo de toda esta semana interesamonos polo día da MULLER TRABALLADORA que se conmemora hoxe 8 de marzo. Aquí vos deixamos un enlace que amosa a que sigue sendo a realidade de moitos fogares.Un sueño imposible
Para enlazar o día da muller traballadora co proxecto co que estamos a traballar dedicamos esta data tan especial ás LAVANDEIRAS, por eso estamos a traballar o cuadro de Goya que leva este nome.
jueves, 21 de febrero de 2013
ROSALÍA DE CASTRO
Mañá 22 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro nas escolas.
Aquí vos deixamos un enlace interesante para saber máis sobre a famosa escritora.

http://caracolatola.blogspot.com.es/2012/01/rosalia-de-castro-actividade-lim.html
Aquí vos deixamos un enlace interesante para saber máis sobre a famosa escritora.

http://caracolatola.blogspot.com.es/2012/01/rosalia-de-castro-actividade-lim.html
Hoxe demos un paso máis para descubrir todo o patrimonio que nos rodea.
Luisa e Mª Carmen, avoas de Pablo e Candela viñeron ao cole a falarnos da súa experiencia lavando nos lavadoiros.

Foi unha bonita visita que esperamos que se repita, voltarán a estar con nós axudándonos a lavar e a facer xabón.
Sabedes que pais, avós,... estades todos convidados a compartir con nós as vosas experiencias.

miércoles, 13 de febrero de 2013
viernes, 1 de febrero de 2013
IRENA SLENDER está con toda a comunidade educativa do CEIP ISIDORA RIESTRA no día da PAZ.
Descubrimos a IRENA SENDLER
martes, 15 de enero de 2013
A BIBLIOTECA
Como actividade de animación á lectura hoxe fixemos a unha visita á BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA.
Estivemos a ler moitos libros e tamén nunha sesión de contacontos.
Foi moi entretido.
Informámosvos ademais que podedes facervos socios da mesma gratuitamente. Só tendes que ir acompañados do voso/a pai/nai levar unha ficha cuberta que vos facilitamos no cole e unha foto de carnet.

viernes, 11 de enero de 2013
VISITA Á EXPOSICIÓN DE PICASSO EN PONTEVEDRA
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Ed. Primaria tiveron a sorte de poder ir a Pontevedra a visitar a exposición de cuadros orixinais de Pablo Picaso. Ademais participamos nun taller no que nos ensinaron a crear caras imitando a técnica do famoso pintor malagueño.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)