miércoles, 18 de junio de 2014

Fin de curso

Achegámosvos unhas fotos de recordo da excursión de fin de curso a Cabo Udra.
























Aproveitamos ademais para deixarvos aquí as recomendacións para o verán que vos enviamos.
As vacacións son o suficientemente longas para que poidan ademais facer outras actividades e repasar os contidos traballados no 1º ciclo de Ed. Primaria.
Suxerímosvos dedicarlles todo o tempo posible e facer actividades xuntos:
·        Axudar na casa en tarefas que fagan que vaian adquirindo máis autonomía.
·        Acostumarse a esperar e así entender que non sempre se poden satisfacer as necesidades inmediatamente.
·        Mantelos motivados (Que ben!, Estupendo pero podes facelo mellor!...) e amosar interese polas cousas que fai.
·        Ler con eles pero non solo contos, tamén xornais, anuncios,…
·        Visitar xuntos librerías, bibliotecas, museos,…. Recordámosvos que en Pontevedra por exemplo, son gratuítos.
·        Repasar o traballado da clase.
Para este repaso recomendamos tarefas coma:
·        Lectura diaria.Copiar ou escribir a ditado 5 ou 6 liñas do lido.
·        Inventar e escribir historias libremente ou a partir de 3 ou 4 palabras que lles indiquemos.
·        Resolver operacións e problemas de sumas e restas levando.
·        Repasar e memorizar as táboas de multiplicar.

·        Facer pasatempos.

Estes son algúns deses enlaces que pensamos que vos poden resultar útiles:





miércoles, 14 de mayo de 2014

#Bringbackaougirls

Desde o CEIP Isidora Riestra sumámonos as iniciativas mundiais de apoio ás nenas secuestradas en  Nigeria, especialmente á do IES Luis Seoane, coma nós  Escola Asociada á Unesco. LIBERACIÓN XA





miércoles, 7 de mayo de 2014

Visitamos aos amigos do CEP Marcos da Portela

Para rematar o intercambio que ao longo deste curso levamos a cabo co alumnado de 2º de Ed Primaria do CEIP Marcos da Portela visitámolos no seu cole. Alí xogamos, bailamos, comemos rosca e colaboramos na elaboración dun maio.
Pasámolo moi ben e dende aquí damoslle as grazas por invitarnos.




domingo, 23 de marzo de 2014

Maruxa Mallo

A través da libreta viaxeira pedimos ao alumnado de primeiro ciclo que investigase sobre a pintora que imos a traballar . Partindo de que era muller e nada en Viveiro, Lugo enseguida averiguaron que se trataba de Maruja Mallo.
Maruxa Mallo
Video Maruja Mallo
ihistoriarte
youtube
Ana María Gómez
rtve

Salón do libro

Deixamos aquí algunhas fotos da nosa visita ao salón do libro de Pontevedra . Además dunha visita guiada ao mesmo participamos nun obradoiro.






miércoles, 19 de marzo de 2014

21 de marzo: Día da poesía

Un agasallo poético para os nosos amigos e amigas do CEP MARCOS DA PORTELA co gallo da celebración do DÍA DA POESÍA

martes, 18 de marzo de 2014

lunes, 17 de marzo de 2014

Día do Consumidor

O 15 de marzo celebrouse o Día do Consumidor, estivemos a profundizar neste tema e chegamos a unha importante conclusión, AS MARCAS ENCHEN AS NOSAS VIDAS.