miércoles, 27 de noviembre de 2013

Escribo o enlace a unha páxina para que vexades imaxes e información do Congreso. Esta páxina está feita polo mestre Nito de Campolongo, un mestre moi activo.http://unescolongo.blogspot.com.es

martes, 26 de noviembre de 2013

O segundo día de Congreso foi moi divertido, pero intenso e agotador. Moito frío polas rúas de Pontevedra; aínda que é verdade que aprendimos moito. Despois de xantar de novo a traballar: experimentando, palilleando, yogoteando, percutindo ou mesmamento pensado para elaborar un manifesto que reivindique a escola que queremos.


lunes, 25 de noviembre de 2013

Para comenzar o Congreso que mellor animación que os "Titiriteiros". Unha imaxe dos ensaios e a ledicia de gozar deles na inauguración.

CONGRESO DE ALUMNADO DAS ESCOLAS ASOCIADAS Á UNESCO DE GALICIA

Dende hoxe e ata o vindeiro mércores, 20 alumnas e alumnos de 2º de Ed. Primaria do noso centro participan no Palacio de Congresos de  Pontevedra do V encontro de alumnado das escolas galegas asociadas á UNESCO.
Mentras tanto os demais no cole seguimos a traballar sen olvidar unha data tan importante como a que hoxe se conmemora ,

 25 de novembro  "Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero". 

Esperamos que algún día non sexa necesaria esta celebración cando nos decatemos que nadie é máis nin quenos que nadie.

miércoles, 6 de noviembre de 2013

O restaurante do mundo

Trátase  de un xogo de resolución de conflictos que consiste en realizar unha comida un pouco inxusta.

Os obxectivos son:


Vivenciar, en pequena medida, o inxusto orde económico internacional a través do tema alimenticio.
Favorecer a capacidade de análise e estudio deste conflicto. 
ASIA
Estimular a empatía co hemisferio sur e o cuarto mundo. 
Buscar formas de actuar e comprometernos na solución.

ÁFRICA
Participa todo o alumnado de primeiro ciclo.
AMÉRICA
EUROPA




martes, 29 de octubre de 2013

Facendo novos amigos

Una imaxe da chegada do alumnado do CEP MARCOS DA PORTELA. Algún neno dixo : " É a primeira vez que me fan un pasillo.



VISITA DO ALUMNADO DO CEP MARCOS DA PORTELA

Ao longo deste curso imos a facer un intercambio con nenos e nenas do CEP Marcos da Portela. Para empezar hoxe fixéronnos unha visita, obsequiáronnos cun marcapáxinas ,xuntos visitamos o parque da memoria,comemos rosca e xogamos .
Parque da memoria

miércoles, 23 de octubre de 2013

aprendizaxe cooperativo

Para traballar por proxectos é preciso establecer dinámicas de equipo que favorecen as aprendizaxes cooperativas. Unha imaxe dun traballo en equipo de 2º.A e 2º.B. Nome da dinámica: O anfitrión.
Cada neno/a aporta, participa e escoita atentamente as indicacións do anfitrión.
Estas son as metodoloxías que hai que traballar de maneira sistemática nas aulas para acadar resultados.

lunes, 30 de septiembre de 2013

Agrupamentos para filosolfar

Hoxe todo o alumnado de segundo ciclo reuniuse para formar  equipos para as sesións de FILOSOFIA PARA PENSAR que comezarán o vindeiro luns.
Esperamos que nenos e nenas disfruten moito con esta actividade, pero sobre todo esperamos que aprendan a sacar o máximo rendemento as súas capacidades.


lunes, 23 de septiembre de 2013

ANO INTERNACIONAL DA AGRICULTURA FAMILIAR

 Para o curso 2013-2014 a UNESCO  acordou traballar  o ano internacional 2014 "Año  de la agricultura familiar". Por esta e por outras razóns agricultura, alimentación e cociña estarán moi presentes ao longo deste curso na nosa práctica docente. Esperamos contar coa colaboración das familias.

Como non poía ser doutro xeito para empezar : A VENDIMA






jueves, 20 de junio de 2013

Chegan as vacacións.

Chegan as vacacións; aínda que o tempo non é moi ben desexamos que pasedes uns bos días.
Aqui deixámosvos uns enlaces interesantes para que apreciedes o traballo de todo o curso. Ata setembro.
http://www.youtube.com/watch?v=SAMUJVMRfxg. Video Os lavadoiros.

http://proxectoatlantico.blogspot.com.es/ Unha páxina interesante.


domingo, 19 de mayo de 2013

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

O día das letras galegas chegou. Como remate a todas as actividades que estivemos a levar a cabo estes días para conmemorar a data, recordar a Rosalía de Castro e coñecer un pouco máis sobre Vidal Bolaño fixemos un festival. O alumnado de 1º ciclo participou recitando "Adios ríos, adiós fontes" acompañado de YOGOTE e presentamos un video que fixemos co mesmo e que vos deixamos aquí.


martes, 7 de mayo de 2013

FACEMOS XABÓN

Moitas veces unha imaxe vale máis ca mil palabras.Por iso....
http://youtu.be/NWJU9Tdy4hM
O luns  6 de maio iniciamos a Semana Cultural das "Letras Galegas" participando no CORRELÍNGUA 2013. O lema deste ano é: " O galego a chave do mundo". Podedes ver unhas imaxes da xornada. Os nenos e as nenas gozaron coas actuacións e sobre todo co dragón que amenizou a festa.

miércoles, 24 de abril de 2013

O proxecto AUGA/PATRIMONIO RURAL está chegando ao seu fin. Como remate hoxe fomos lavar.
Unha experiencia formidable.




lunes, 22 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Mañá martes celebrase o día do libro, por eso durante esta semana imos a facer diversas actividades dentro dunha campaña de fomento da lectura.

  • Os nenos/as traen ao cole o seu libro favorito para compartir cos seus compañeiros.
  • Na hora do recreo lectura de contos na biblioteca.
  • Diversas actuacións do alumnado do colexio.
NENOS E NENAS DE 5ºA
DURANTE UNHA DRAMATIZACIÓN
ALUNNAS DE 4º RECITANDO UN POEMA

jueves, 18 de abril de 2013

DÍA DOS MUSEOS

Hoxe 18 de marzo celébrase o día dos monumentos. Recordamos con este video algún dos monumentos declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.


miércoles, 17 de abril de 2013

AS PLANTAS

Estamos a estudiar os animais e as plantas por eso plantamos sementes de xirasol. Agora toca regar, deixar ao sol e ter un pouco de paciencia. Xa vos ensinaremos o resultado.



viernes, 8 de marzo de 2013

Día da muller traballadora

La mayor demostración de igualdad sería no celebrar nada, ya que no hay un "día del hombre trabajador", pero también es cierto que la desigualdad entre hombres y mujeres sigue existiendo.
O longo de toda esta semana interesamonos polo día da MULLER TRABALLADORA que se conmemora hoxe 8 de marzo. Aquí vos deixamos un enlace que amosa a que sigue sendo a realidade de moitos fogares.
Un sueño imposible

Para enlazar o día da muller traballadora co proxecto co que estamos a traballar  dedicamos esta data tan especial ás LAVANDEIRAS, por eso estamos a traballar o cuadro de Goya que leva este nome.

jueves, 21 de febrero de 2013

ROSALÍA DE CASTRO

Mañá 22 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro nas escolas.
Aquí vos deixamos un enlace interesante para saber máis sobre a famosa escritora.


http://caracolatola.blogspot.com.es/2012/01/rosalia-de-castro-actividade-lim.html
Hoxe demos un paso máis para descubrir todo o patrimonio que nos rodea.
Luisa e Mª Carmen, avoas de Pablo e Candela viñeron ao cole a falarnos da súa experiencia lavando nos lavadoiros.    



Foi unha bonita visita que esperamos que se repita, voltarán a estar con nós axudándonos a lavar e a facer xabón.
Sabedes que pais, avós,... estades todos convidados a compartir con nós as vosas experiencias.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Estamos desenvolvendo un novo proxecto: O patrimonio Rural. Os lavadoiros e as mulleres.
Descubrimos a beleza do cadro de GOYA: "Las lavanderas", que se atopa no MUSEO DO PRADO . Madrid.
 Canto patrimonio cultural quédanos por descubrir.

viernes, 1 de febrero de 2013


IRENA SLENDER está con toda a comunidade educativa do CEIP ISIDORA RIESTRA no día da PAZ.
Descubrimos a IRENA SENDLER

O día 30 de xaneiro todos xuntos celebramos o Día da PAZ: cantamos, soltamos globos, carreira solidaria e lembramos a IRENA SENDLER.

martes, 15 de enero de 2013

A BIBLIOTECA

Como actividade de animación á lectura hoxe fixemos a unha visita á BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA.
Estivemos a ler moitos libros e tamén nunha sesión de contacontos.
Foi moi entretido.
Informámosvos ademais que podedes facervos socios da mesma  gratuitamente. Só tendes que ir acompañados do voso/a  pai/nai levar unha ficha cuberta que vos facilitamos no cole e unha foto de carnet.


viernes, 11 de enero de 2013

VISITA Á EXPOSICIÓN DE PICASSO EN PONTEVEDRA



Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Ed. Primaria tiveron  a sorte de poder ir a Pontevedra a visitar a exposición de cuadros orixinais de Pablo Picaso. Ademais participamos nun taller no que nos ensinaron a crear caras imitando a técnica do famoso pintor malagueño.