viernes, 28 de abril de 2017

Rimas

No segundo trimestre estivemos a traballar a poesía .
Por outro lado estamos a facer traballos con  lexico do mar.
Para fusionar os dous traballos elaboramos rimas sobre o mar e recitámolas. Podédelas ver no seguinte video.

jueves, 20 de abril de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

O ano 2017 o día das Letras Galegas está adicado ao escritor ourensán Carlos Casares.


Carlos Casares Mouriño naceu en Ourense o 24 de agosto de 1941.
Era fillo de Francisco e Manuela e tivo dous irmáns, Mercedes e Xavier. Con eles viviu, dende os tres anos, na vila ourensá de Xinzo de Limia.
Estudou no Seminario de Ourense e na Universidade de Compostela.
A súa primeira obra publicouna cando tiña vinte e seis anos e tiña por título «Vento ferido».
Publicou unha chea de obras para nenos e nenas: «A galiña azul», «As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas», «Lolo anda en bicicleta», «O can Rin e o lobo Crispín», «Toribio ten unha idea», «Toribio e o contador de contos»...
Foi membro da Real Academia Galega e dirixiu a Editorial Galaxia, que publicaba libros en galego.
Casou coa sueca Kristina Berg coa que tivo dous fillos: Hakan e Christian.