O ano 2017 o día das Letras Galegas está adicado ao escritor
ourensán Carlos Casares.
Carlos Casares Mouriño naceu en
Ourense o 24 de agosto de 1941.
Era fillo de Francisco e Manuela
e tivo dous irmáns, Mercedes e Xavier. Con eles viviu, dende os tres anos, na
vila ourensá de Xinzo de Limia.
Estudou no Seminario de Ourense e
na Universidade de Compostela.
A súa primeira obra publicouna
cando tiña vinte e seis anos e tiña por título «Vento ferido».
Publicou unha chea de obras para
nenos e nenas: «A galiña azul», «As laranxas máis laranxas de tódalas
laranxas», «Lolo anda en bicicleta», «O can Rin e o lobo Crispín», «Toribio ten
unha idea», «Toribio e o contador de contos»...
Foi membro da Real Academia
Galega e dirixiu a Editorial Galaxia, que publicaba libros en galego.
Casou coa sueca Kristina Berg coa
que tivo dous fillos: Hakan e Christian.
No hay comentarios:
Publicar un comentario