Aproveitamos ademais para deixarvos aquí as recomendacións para o verán que vos enviamos.
As vacacións son o suficientemente longas
para que poidan ademais facer outras actividades e repasar os contidos
traballados no 1º ciclo de Ed. Primaria.
Suxerímosvos dedicarlles todo o tempo posible e facer
actividades xuntos:
·
Axudar na casa en tarefas que fagan que
vaian adquirindo máis autonomía.
·
Acostumarse a esperar e así entender que
non sempre se poden satisfacer as necesidades inmediatamente.
·
Mantelos motivados (Que ben!, Estupendo
pero podes facelo mellor!...) e amosar interese polas cousas que fai.
·
Ler con eles pero non solo contos, tamén
xornais, anuncios,…
·
Visitar xuntos librerías, bibliotecas,
museos,…. Recordámosvos que en Pontevedra por exemplo, son gratuítos.
·
Repasar o traballado da clase.
Para este repaso recomendamos tarefas coma:
·
Lectura diaria.Copiar ou escribir a
ditado 5 ou 6 liñas do lido.
·
Inventar e escribir historias libremente
ou a partir de 3 ou 4 palabras que lles indiquemos.
·
Resolver operacións e problemas de sumas
e restas levando.
·
Repasar e memorizar as táboas de
multiplicar.
·
Facer pasatempos.
Estes son algúns deses enlaces que pensamos que vos poden resultar útiles:
No hay comentarios:
Publicar un comentario