jueves, 21 de febrero de 2013

Hoxe demos un paso máis para descubrir todo o patrimonio que nos rodea.
Luisa e Mª Carmen, avoas de Pablo e Candela viñeron ao cole a falarnos da súa experiencia lavando nos lavadoiros.    



Foi unha bonita visita que esperamos que se repita, voltarán a estar con nós axudándonos a lavar e a facer xabón.
Sabedes que pais, avós,... estades todos convidados a compartir con nós as vosas experiencias.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Estamos desenvolvendo un novo proxecto: O patrimonio Rural. Os lavadoiros e as mulleres.
Descubrimos a beleza do cadro de GOYA: "Las lavanderas", que se atopa no MUSEO DO PRADO . Madrid.
 Canto patrimonio cultural quédanos por descubrir.

viernes, 1 de febrero de 2013


IRENA SLENDER está con toda a comunidade educativa do CEIP ISIDORA RIESTRA no día da PAZ.
Descubrimos a IRENA SENDLER

O día 30 de xaneiro todos xuntos celebramos o Día da PAZ: cantamos, soltamos globos, carreira solidaria e lembramos a IRENA SENDLER.

martes, 15 de enero de 2013

A BIBLIOTECA

Como actividade de animación á lectura hoxe fixemos a unha visita á BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA.
Estivemos a ler moitos libros e tamén nunha sesión de contacontos.
Foi moi entretido.
Informámosvos ademais que podedes facervos socios da mesma  gratuitamente. Só tendes que ir acompañados do voso/a  pai/nai levar unha ficha cuberta que vos facilitamos no cole e unha foto de carnet.


viernes, 11 de enero de 2013

VISITA Á EXPOSICIÓN DE PICASSO EN PONTEVEDRA



Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Ed. Primaria tiveron  a sorte de poder ir a Pontevedra a visitar a exposición de cuadros orixinais de Pablo Picaso. Ademais participamos nun taller no que nos ensinaron a crear caras imitando a técnica do famoso pintor malagueño.












lunes, 7 de enero de 2013

Feliz ano a todos/as e esperamos que disfrutarades dunhas boas vacacións porque mañá voltamos ao traballo con toda a forza.
Para empezar PABLO PICASSO

Coñecemos un pouco da súa vida

viernes, 7 de diciembre de 2012

Dia Internacional dos Dereitos Humanos

O luns celebramos o Dia Internacional dos "Dereitos Humanos".
La identidad no es un cuento
Despois de visualizar este video empeza a reflexionar.