viernes, 8 de marzo de 2013

Día da muller traballadora

La mayor demostración de igualdad sería no celebrar nada, ya que no hay un "día del hombre trabajador", pero también es cierto que la desigualdad entre hombres y mujeres sigue existiendo.
O longo de toda esta semana interesamonos polo día da MULLER TRABALLADORA que se conmemora hoxe 8 de marzo. Aquí vos deixamos un enlace que amosa a que sigue sendo a realidade de moitos fogares.
Un sueño imposible

Para enlazar o día da muller traballadora co proxecto co que estamos a traballar  dedicamos esta data tan especial ás LAVANDEIRAS, por eso estamos a traballar o cuadro de Goya que leva este nome.

jueves, 21 de febrero de 2013

ROSALÍA DE CASTRO

Mañá 22 de febreiro celébrase o día de Rosalía de Castro nas escolas.
Aquí vos deixamos un enlace interesante para saber máis sobre a famosa escritora.


http://caracolatola.blogspot.com.es/2012/01/rosalia-de-castro-actividade-lim.html
Hoxe demos un paso máis para descubrir todo o patrimonio que nos rodea.
Luisa e Mª Carmen, avoas de Pablo e Candela viñeron ao cole a falarnos da súa experiencia lavando nos lavadoiros.    



Foi unha bonita visita que esperamos que se repita, voltarán a estar con nós axudándonos a lavar e a facer xabón.
Sabedes que pais, avós,... estades todos convidados a compartir con nós as vosas experiencias.

miércoles, 13 de febrero de 2013

Estamos desenvolvendo un novo proxecto: O patrimonio Rural. Os lavadoiros e as mulleres.
Descubrimos a beleza do cadro de GOYA: "Las lavanderas", que se atopa no MUSEO DO PRADO . Madrid.
 Canto patrimonio cultural quédanos por descubrir.

viernes, 1 de febrero de 2013


IRENA SLENDER está con toda a comunidade educativa do CEIP ISIDORA RIESTRA no día da PAZ.
Descubrimos a IRENA SENDLER

O día 30 de xaneiro todos xuntos celebramos o Día da PAZ: cantamos, soltamos globos, carreira solidaria e lembramos a IRENA SENDLER.

martes, 15 de enero de 2013

A BIBLIOTECA

Como actividade de animación á lectura hoxe fixemos a unha visita á BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA.
Estivemos a ler moitos libros e tamén nunha sesión de contacontos.
Foi moi entretido.
Informámosvos ademais que podedes facervos socios da mesma  gratuitamente. Só tendes que ir acompañados do voso/a  pai/nai levar unha ficha cuberta que vos facilitamos no cole e unha foto de carnet.


viernes, 11 de enero de 2013

VISITA Á EXPOSICIÓN DE PICASSO EN PONTEVEDRA



Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Ed. Primaria tiveron  a sorte de poder ir a Pontevedra a visitar a exposición de cuadros orixinais de Pablo Picaso. Ademais participamos nun taller no que nos ensinaron a crear caras imitando a técnica do famoso pintor malagueño.