viernes, 8 de enero de 2016

miércoles, 18 de junio de 2014

Fin de curso

Achegámosvos unhas fotos de recordo da excursión de fin de curso a Cabo Udra.
























Aproveitamos ademais para deixarvos aquí as recomendacións para o verán que vos enviamos.
As vacacións son o suficientemente longas para que poidan ademais facer outras actividades e repasar os contidos traballados no 1º ciclo de Ed. Primaria.
Suxerímosvos dedicarlles todo o tempo posible e facer actividades xuntos:
·        Axudar na casa en tarefas que fagan que vaian adquirindo máis autonomía.
·        Acostumarse a esperar e así entender que non sempre se poden satisfacer as necesidades inmediatamente.
·        Mantelos motivados (Que ben!, Estupendo pero podes facelo mellor!...) e amosar interese polas cousas que fai.
·        Ler con eles pero non solo contos, tamén xornais, anuncios,…
·        Visitar xuntos librerías, bibliotecas, museos,…. Recordámosvos que en Pontevedra por exemplo, son gratuítos.
·        Repasar o traballado da clase.
Para este repaso recomendamos tarefas coma:
·        Lectura diaria.Copiar ou escribir a ditado 5 ou 6 liñas do lido.
·        Inventar e escribir historias libremente ou a partir de 3 ou 4 palabras que lles indiquemos.
·        Resolver operacións e problemas de sumas e restas levando.
·        Repasar e memorizar as táboas de multiplicar.

·        Facer pasatempos.

Estes son algúns deses enlaces que pensamos que vos poden resultar útiles:





miércoles, 14 de mayo de 2014

#Bringbackaougirls

Desde o CEIP Isidora Riestra sumámonos as iniciativas mundiais de apoio ás nenas secuestradas en  Nigeria, especialmente á do IES Luis Seoane, coma nós  Escola Asociada á Unesco. LIBERACIÓN XA





miércoles, 7 de mayo de 2014

Visitamos aos amigos do CEP Marcos da Portela

Para rematar o intercambio que ao longo deste curso levamos a cabo co alumnado de 2º de Ed Primaria do CEIP Marcos da Portela visitámolos no seu cole. Alí xogamos, bailamos, comemos rosca e colaboramos na elaboración dun maio.
Pasámolo moi ben e dende aquí damoslle as grazas por invitarnos.