Este ano adicamos ao gran escritor Roald Dahl o día do libro. Conmemoramos esta data tan importante con unha semana cultural chea de actividades. Nenos e nenas de 2º dramatizamos a súa obra QUE ASCO DE BICHOS!!.
Picando no seguinte enlace podedes ver a actuación.
Que asco de bichos!
A finalidade deste blog é didáctica. As publicacións utilizaranse con rigor e adaptadas á nosa comunidade educativa.
martes, 2 de mayo de 2017
viernes, 28 de abril de 2017
Rimas
No segundo trimestre estivemos a traballar a poesía .
Por outro lado estamos a facer traballos con lexico do mar.
Para fusionar os dous traballos elaboramos rimas sobre o mar e recitámolas. Podédelas ver no seguinte video.
Por outro lado estamos a facer traballos con lexico do mar.
Para fusionar os dous traballos elaboramos rimas sobre o mar e recitámolas. Podédelas ver no seguinte video.
jueves, 20 de abril de 2017
LETRAS GALEGAS 2017
O ano 2017 o día das Letras Galegas está adicado ao escritor
ourensán Carlos Casares.
Carlos Casares Mouriño naceu en
Ourense o 24 de agosto de 1941.
Era fillo de Francisco e Manuela
e tivo dous irmáns, Mercedes e Xavier. Con eles viviu, dende os tres anos, na
vila ourensá de Xinzo de Limia.
Estudou no Seminario de Ourense e
na Universidade de Compostela.
A súa primeira obra publicouna
cando tiña vinte e seis anos e tiña por título «Vento ferido».
Publicou unha chea de obras para
nenos e nenas: «A galiña azul», «As laranxas máis laranxas de tódalas
laranxas», «Lolo anda en bicicleta», «O can Rin e o lobo Crispín», «Toribio ten
unha idea», «Toribio e o contador de contos»...
Foi membro da Real Academia
Galega e dirixiu a Editorial Galaxia, que publicaba libros en galego.
Casou coa sueca Kristina Berg coa
que tivo dous fillos: Hakan e Christian.
martes, 21 de marzo de 2017
lunes, 20 de marzo de 2017
SALÓN DO LIBRO
Días de moita actividade. Primeiro foi o turno do teatro, despois educación vial e hoxe turno para o salón do libro onde participamos nun obradoiro ademais de ver a exposición de traballos feitos por nos mesm@s e por alumnado doutros coles. Por suposto e como en edicións anteriores tamén darlle un abrazo a Orbil, a mascota do salón.
Galería de fotos
Galería de fotos
jueves, 16 de marzo de 2017
EDUCACIÓN VIAL
Nunha semana de moita actividade hoxe xoves tivemos prácticas de Ed Vial no parque da Reiboa.
Un tempo espectacurar, un entorno inmellorable e a boa actuación da policía local de Poio para facer practicas de como ser bos peatóns, ciclistas e condutores en xeral.
Un tempo espectacurar, un entorno inmellorable e a boa actuación da policía local de Poio para facer practicas de como ser bos peatóns, ciclistas e condutores en xeral.
Saída a Pontevedra
O mércores fixemos unha saída a Pontevedra para ir ao teatro. Na fundación ABANCA disfrutamos co musical "O paxaro amigo".
Previamente ,un percorrido a pé pola cidade visitando as excavacións da antiga muralla, a praza do Teucro, Santa María,...
A continuación podedes ver algunhas imaxes do paseo e da nosa chegada ao auditorio.

![]() |
| No bus cara a Ponte |

![]() |
| Maiores tutistas que compartiron con nos esperiencias durante o paseo pola cidade |
![]() |
| Esperando para entrar no teatro |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)